Toponimia Valadares

101 T O P Ó N I M O S ao suroeste da Ervellacosa. O acto de compra e venda que motivou o topónimo realizouse hai máis de trescentos anos, pois xa tiñ an ese nome (ou o de As Compras do Barreiro , polo nome do campo contiguo) esas terras no Catastro de Ensenada, onde se cualifican como cultivo de secaño de segunda calidade. Corral  Curral Corte, Cortes — — A Corte Vella (O Freixo) — — O Areeiro da Corte (O Freixo) — — A Corte de Cabras (As Barrocas) — — As Cortes (O Portal) — — Veiga da Eira das Cortes / A Agra das Cortes (O Portal) — — O Río das Cortes (O Portal) — — O Lavadouro das Cortes (O Portal) — — Campo do Río das Cortes (O Portal) — — As Cortellas (O Portal) O substantivo común galego corte (do latín cortem , clásico cohor - tem ) vén definido nos dicionarios como ‘lugar cuberto e cerrado onde se garda o gando’. Na toponimia de Valadares está presente nos seguin- tes topónimos: A Corte Vella é unha área de vivendas, terras de labor e arboredo no barrio do Freixo. O adxectivo vella debeu de aplicárselle quizais para diferenciala doutra corte de creación posterior. Rexístrase na documen- tación do século xvii do convento de San Francisco de Vigo: «medio bucio de pan en el Campo de Bouça Coba que parte de una parte con campo de Estevo Afonso de Prado y de la otra con el Campo de Corte Vella y de la otra con camino que va a la villa de Bouças » (1672, fran- ciscanas de Vigo, Memorial cobrador de censos ). A Corte de Cabras é o nome de dúas áreas de monte no barrio das Barrocas (  Cabras ). O Areeiro da Corte é unha área de monte ao norte do Areeiro, no barrio do Freixo. O plural As Cortes nomea un dos núcleos habitados do barrio do Portal. No Catastro de Ensenada e no seu Expediente de comprobación

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==