Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 100 no Camiño da Coelleira , na Garrida, que toma o nome da zona por onde transita. Dado o frecuente emprego de Coello como sobrenome ou apelido, no nome da zona denominada Fonte do Coello , no Freixo, que no Libro de afanegados consta como tomada, e mais na fonte (  ) que suscita ese nome, non podemos saber se estamos ante un zootopónimo relativo aos coellos ou ante un antropónimo. Cómaro — — A Comareira (A Sobreira) — — Veiga da Comareira (A Sobreira) Cómaro é un nome común galego que os dicionarios definen como ‘franxa de terreo sen cultivar que bordea unha leira’. Tense suxerido que pode proceder do latín cum ŭ lum , mais tamén hai quen sostén que podería ter orixe prerromana. Os derivados comareiro, comareira teñen o mesmo significado e tamén poden designar o desnivel entre dous so- calcos do terreo. No Nomenclátor de Galicia inclúense dúas localida- des denominadas O Comareiro nos concellos de Vimianzo (A Coruña) e de Cotobade (Pontevedra). Na parroquia de Valadares, un feminino A Comareira é o nome dunha área de monte e de arboredo na Sobreira, ao norte da autoestrada de Baiona. Rex í strase no Catastro de Ensena- da e no Libro de afanegados con ese mesmo nome e as propiedades situadas nela aparecen cualificadas como toxal, devesa e castañal, de segunda e de terceira calidade. Nas mesmas fontes rexístrase tamén unha Veiga da Comareira , como terra de labor de regadío, prado e viña de segunda. O correspondente masculino comareiro emprégase no século xvi no texto do preito do lugar do Portal para referirse a outro lugar da parro- quia « va por el comareiro abajo a la barroca del Cobelo que está en el Regueiro dagua que viene de la Fuente de Quinta » (1587). Compra — — As Compras (A Sobreira) Supoñemos que contén o substantivo común compra ‘acción e efec - to de comprar’, formado a partir deste verbo (< latín comparare ) o to- pónimo As Compras , nome de terras de labor no barrio da Sobreira,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==