Toponimia Valadares

99 T O P Ó N I M O S Codeso — — O Codesal / Cachado do Codesal / Cachada-Codesal (O Freixo) — — A Codeseira (O Freixo) O codeso (do latín cutys u m ), de nome científico Adenocarpus com- plicatus , é unha planta semellante ás xestas que tiña na economía rural tradicional os mesmos usos ca estas. O seu nome ten presenza relati- vamente común na toponimia galega en derivados como Codeseira, Codeseda, Codesal, Codesoso etc. Un derivado colectivo de codeso mediante o sufixo correspondente ao latín - ale é O Codesal (tamén rexistrado como Cachada do Codesal ou Cachada-Codesal ), nome dunha área de cultivos ao norte do barrio do Freixo, ao oeste de Bouzacova, ao sur da Gaspara. No libro de apeos do ano 1591 de San Domingos de Pontevedra, entre as propiedades do convento que ten aforadas Pedro de Beirán, veciño de Matamá, menciónanse unhas « heredades do Codesal » , e noutra documentación do mesmo convento, o « Campo que se dice do Codesal » ( Segundos traslados , 1646). No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados constan como te - rras de labor: « sembradura secano de tercera calidad al sitio Codesal » e « Codesal, labradío regadío segunda», respectivamente. A mesma cuali- ficación reciben unhas terras de labor no barrio do Freixo denominadas A Codeseira , outro derivado de codeso . Coello — — A Coelleira (A Garrida) — — Camiño da Coelleira (A Garrida) — — Fonte do Coello (O Freixo) As referencias ao coello (latín cunic ŭ lum ) son moi comúns na topo- nimia galega. O Nomenclátor de Galicia recolle dúas localidades cha- madas A Coelleira nos concellos de Silleda (Pontevedra) e Lugo, pero a presenza de zootopónimos relativos a este animal é moito máis común na microtoponimia. En Valadares, A Coelleira denomina unha área de terras de labor, vivendas e mato ao sur do barrio da Garrida, ao oeste de Seoane. Rexístrase no Catastro de Ensenada e no seu Expediente de comprobación como monte de primeira calidade e no Libro de afane- gados como tomada, devesa ou castañal. O mesmo nome está presente

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==