Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 8 Desde estas páxinas queremos agradecerlles ao Servizo de Norma- lización Lingüistica do Concello de Vigo e mais á Área de Normali- zación Lingüística da Universidade de Vigo a confianza en nós para levarmos a cabo esta nova achega á toponimia do Val de Fragoso, e en especial a Eva Castro Figueiras, da ANL e veciña de Valadares, que revisou atentamente o texto e suxeriu atinadas modificacións. Tamén o apoio recibido desde o Centro Veciñal e Cultural de Valadares, presidi- do por Ana María Pérez Davila. Vaia asemade o noso agradecemento a todo o equipo que realizou o traballo de campo recollendo e localizan- do os topónimos (Laura Benedicto, Amparo Otero e Diego Monroy), así como a Manuel Dasilva Díaz, Isidro Piñeiro Pérez e Carlos Alonso Piñeiro polo seu apoio e boa disposición para canta dúbida e consulta precisamos no proceso de estudo e de redacción. E grazas tamén a toda a veciñanza que achegou información de interese para a correcta interpretación dos topónimos e que é, ao cabo, depositaria dos nomes que aparecen neste libro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==