Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

97 T o p ó n i m o s árbores de gran porte debían ser visibles dende longa distancia, o que as converteu nun fito na paisaxe que servían para se orientar. Temos constancia tamén destas árbores ao pé da fonte do Pazo, onde as crianzas facían randeeiras con cordas amarradas ás súas grandes pólas aínda non hai tantos anos. Onde morreu Isaac Nome que se lle dá a un tramo do camiño da Gatallada. En ocasións, a toponimia lembra lugares onde aconteceron accidentes. Onde morreu Isaac é o lugar onde este veciño, no medio do camiño da Gatallada, faleceu un 7 de setembro de 1961, vésperas da festa do Rosario, por esvarar nunha laxe do camiño. Outeiro, O; Outeiros, Os O Outeiro é o nome dun alto rochoso do barrio de Casás á beira da nova urbanización do Topete, así como tamén o é do outro afloramento granítico sobre o que se encadra o cruceiro homónimo no barrio da Rodeira. Aparecen tamén Os Outeiros como nome perdido e case que imposible de poñer sobre un plano no interior da Zona Franca. Outeiro é probablemente o resultado dun latín galaico * altarium , posto que no latín propiamente dito non existía ese altarium con significado orográfico. Na documentación medieval galega en latín aparece como octerium e variantes, nunca altarium , de aí que exista unha hipótese que o supoña non latino. Coa particularidade de que no sur galego pena non ten a vixencia que ten noutras áreas, emprégase outeiro para designar penas como acontece no Outeiro do barrio das Nogueiras ou Os Outeiros , desaparecidos coa Zona Franca, pero tamén para terreos con pequena elevación e pouco extensa. «la heredad de Tras do Outeyro , con vn pedazo de monte o toxal» (AHMV, Memorial, 1772, f. 6v)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==