Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 96 Aínda que convive a pronuncia das Oleiras e das Soleiras, é posiblemente o primeiro topónimo o orixinal. En 1912 decídese construír sobre o lugar das Oleiras un cemiterio que solucionase os problemas de espazo do adro onde, ata daquela, se soterraban os defuntos da parroquia. A xunta, encabezada polo cura don Severino Martínez Martínez, mercaría os terreos, segundo a escritura do 10 de marzo de 1912. En decembro dese ano asinaríaselle o contrato de adxudicación das primeiras obras ao contratista Apolinar Gesteira, veciño de Comesaña. Panteóns polo arredor e sepulturas en terra coa parte correspondente aos pobres de solemnidade, o camposanto tivo o seu primeiro enterro en 1915. Un primeiro regulamento sairía do prelo na imprenta de Julio Alonso (Tres Portiñas, 51) en novembro de 1926, aprobado na sesión plenaria do concello, o 25 de novembro de 1925. «más se le hace cargo de sinco reales y ocho maravedís que anualmente paga (...) don Joseph Núñez vezino de Santiago de Bigo por el cargo de las oleiras » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 53v) «se le hace cargo de sinco reales y ocho maravedís que paga don Joseph Núñez de Vigo por el campo das Oleiras » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 60v) «... ferrado y medio (...) secano al sitio das Oleiras » (1752, CME, Leigos, f. 416r) «onze ferrados (...) secano al sitio das Oleiras » (1752, CME, Leigos, f. 552v) «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Oleiras » (1752, CME, Leigos, f. 783r) Olmos, Os; Olmos Grandes do Pazo, Os Os Olmos estaban situados na entrada da Florida, en fronte de onde estivo a fábrica de forxas Hierros Arteta. Os Olmos Grandes do Pazo estiveron ata que foron cortados xunto á fonte do Pazo, no lugar do mesmo nome, e onde hoxe se localiza unha industria de pinturas, no cruzamento que vai cara ao barrio de Muíños. Foi bautizado así pola presenza de grandes olmos (do latín ulmu ) neste lado do río Sárdoma, xusto por riba da ponte da Señoriña. Estas

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==