Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

95 T o p ó n i m o s no barrio. A posibilidade de lembrar o apelido Nogueira dun antigo propietario ou propietaria é tamén verosímil. A Nogueira do barrio de Casás, pese a que aparece en singular, seguramente teña valor colectivo e non só se refira á existencia dunha soa árbore naquel lugar. «un dozauo de ferrado (...) secano al sitio de Nogueiras » (1752, CME, Leigos, f. 456v) «... casa terreña al lugar de Nogueiras » (1752, CME, Leigos, f. 490r) «un sexto de cauadura de parra (...) al sitio de Nogueiras » (1752, CME, Leigos, f. 492r) «Miguel Costas (...) casa terreña al lugar de Nogueiras » (1752, CME, Leigos, f. 629r) Novella, A Pouco queda da orixinal Novella , enriba da Zona Franca, na estrema con Matamá. É un topónimo de significado escuro se rexeitamos a posibilidade de que se trate da feminización do seu propietario (A de Novelle) . Coto Novelle é o monte que se ergue sobre a vila de Ribadavia (Ourense) e, como nome persoal, procede da forma do xenitivo ( novelli ) do nome de orixe latina novellus , diminutivo de novus ‘novo’. O profesor Gonzalo Navaza apuntou para o caso redondelán incluso a alteración dun primitivo Lobelle , procedente do xenitivo do nome lupellus ‘lobiño’. «quatro ferrados (...) secano al sitio da Nouella » (1752, CME, Leigos, f. 510r) «quatro ferrados (...) secano al sitio de Nouelle » (1752, CME, Leigos, f. 512r) Oleiras, As O cemiterio parroquial, tal é como indica o libro de regulamento e de estatutos que algún veciño e veciña conserva, está no lugar de As Oleiras .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==