Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 94 Topónimo procedente do participio de murar (do latín murare ‘cercar con muro’). Alude á presenza dunha construción vertical de pedras, terróns ou outros materiais levantada para cercar un espazo. As Muradas , entre os barrios da Rodeira e das Nogueiras, trátase dun conxunto de terras de labradío cerradas cun gran muro pétreo arredor que presenta encastradas algunhas das cruces do viacrucis da parroquia. Os outros nomes que presentan a palabra murada son As Muradas de Baixo e As Muradas de Riba , dous topónimos que denotan a posición de inferioridade e de superioridade respectivamente da outra. «terreno a tojar con pinos Mato da Murada de 24 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Antonio Comesaña Vila, f. 2) Néboa, A A Néboa é o topónimo dunhas terras no camiño do Topete en Casás, que estreman coa casa do Lapatoro. O actual topónimo A Néboa aventurámonos a hipotetizar que poida proceder da deturpación dun néboda orixinal, planta aromática e medicinal cun cheiro moi parecido ao poexo e á hortelá usada para botárllela ás castañas cando se fan cocidas, entre outros usos. Procedente do latín nepeta , é posible que este toponónimo nos fale dun terreo en que abundaba a planta. De non ser así, e cun significado transparente, estariamos ante unhas terras cubertas de néboa en certos períodos do ano quizais pola súa altitude ou a súa depresión. Nogueiras, As; Nogueira, A As Nogueiras é un dos barrios de Comesaña, localizado antes de chegar á igrexa parroquial e onde se atopaba a antiga escola unitaria da parroquia. A Nogueira , en singular, é o nome dunhas terras no camiño que vai de Rial cara a Casás. Procede do latín vulgar nucaria , que á súa vez deriva de nux , nucis ‘noz’. Debeu ser noutros tempos un lugar poboado de nogueiras, árbores que producen as noces e das cales aínda existe algún exemplar
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==