Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
93 T o p ó n i m o s ... uno a Juan de Comesaña en el lugar da Gandra ... ... ottro a Blas Pérez en el sittio da Figueira ... ... ottro a Francisco de Comesaña vecino de Valladares en dicho sitio ... ... tres a Sevastian de Comesaña, los dos en el sitio de Souto novo , y el otro en el de Figueiras ... ... uno a Gregorio Pérez en dicho sitio ... ... dos a don Bernardino Pereira, vezino de Revoreda, sitios en el lugar de Granxeria ... ... dos a Jazinto Sanchez en el sitio de Sanín ... ... uno a don Juan Antonio del Castillo en el lugar da Veiga ... (Arquivo Histórico de Simancas, CME, Interrogatorio Xeral) A día de hoxe existen máis muíños ca no século xviii , algúns deles sobre as antigas estruturas destes e outros feitos novos. Co trazado da circunvalación houbo que trasladar o Muíño do Crego, que foi reconstruído no sitio no cal probablemente xa estivese o muíño arruinado da Rodeira que cita o Catastro. A pésima reconstrución fai que sexa imposible ver como era o funcionamento deste impoñente muíño que funcionaba grazas a un cubo a xeito de gran cheminea pola que entraba a auga que era conducida ata aquí por longas canles de pedra. A relación dos actuais é: ‒ Río do Croque-río de Rial: Muíño da Aguieira, Muíño do Topete, Muíño da Laxe, Muíño Novo, Muíño de Bras, Muíño da Regueira, Muíños do Souto Novo, Muíño do Grilo e Muíño do Pontillón ou de Sandrigo. ‒ Río do Granxeo: Muíño do Lourenzo ‒ Río de Sanín e regueiro das Torres: Muíño do Purgatorio ou do Raposo, Muíño da Presa, Muíño das Torres, Muíño do Crego e Muíños da Rodeira (Muíño da Fonte e Muíño de Abaixo). ‒ Río Lagares: os Muíños das Salinas ‒ Eléctrico: Muíño do Indalecio Muradas, As; Muradas de Baixo, As; Muradas de Riba, As As Muradas é o nome dunhas terras cercadas ao pé do Cristo do Outeiro na Rodeira.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==