Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 92 Muíños Muíños , ademais de ser o nome dun dos barrios á beira do río Lagares, é tamén cada unha das construcións destinadas á moenda do cereal. Do latín molinum , o muíño é cada un dos edificios que ás beiras de ríos e regatos aproveitan a forza motriz da auga ou do vento (Muíño da Torre de Navia) para moer cereais –trigo,centeo ou millo– e convertelos en fariña. O barrio de Muíños, castelanizado como Molinos cando se instalou un dos apeadoiros do tranvía que ía de Vigo a Baiona (véxase Apeadeiro de Muíños ), puido deber o seu nome aos muíños das Salinas localizados na casa da Corroña. Descoñecemos a existencia no lugar de ningún outro muíño. «ocho ferrados labradío secano, primera calidad, al sitio dos Muíños » (Libro do Maior Facendado, libro 273, f. 3928, rolo 196 B, AHU) Dous son os tipos fundamentais de muíños atopados na parroquia, os máis deles son de cubo, recipiente onde se acumula a auga para aproveitar mellor a súa caída. Un deles é de cal, o Muíño Novo , que presenta un conduto de pedra polo que discorre a auga. En ambos, a auga acciona coa súa forza o rodicio que fai xirar a vara que, apoiada sobre o arrieiro, move a mó que tritura o gran contra unha pedra fixa, o pé. Foron fitos na paisaxe que en ocasións non só deron nome á propia construción, senón tamén á contorna que os rodeaba. Os topónimos nos cales aparece o substantivo muíño son compostos e teñen un segundo elemento que adoita referirse ao lugar en que están, como acontece co Muíño da Aguieira ou da Laxe ; ás súas características, Muíño Novo ; ou a un antigo propietario, Muíño de Sandrigo e Muíño de Bras . O Catastro de Ensenada fixo un reconto dos «molinos arineros» existentes en 1753 na parroquia e catalogou quince muíños negreiros, isto é, dedicados a moer gran de centeo, orxo ou cebada, millo miúdo e millo americano. (... el uno arruinado sitio en la Rodeira propio de Gregorio Rodriguez y los catorce de una rueda muelen con agua de presa, ocho meses del año...) ... perttenecen dos a Joseph Garcia, uno sito en la Aguieira , y el otro en San Drigo ...

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==