Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
91 T o p ó n i m o s dar ao barrio da Rodeira. A casa da Pachina, no barrio de Casás, deu lugar a que o monte que a rodea se chamase O Monte da Pachina , aínda que este non sexa da súa propiedade. O Monte do Crego refírese ao oficio que desempeñaba o seu antigo propietario, crego ou cura, ou ao apelido Crego . Non aparece documentado que estas tomadas pertencesen ao patrimonio da Igrexa, polo que tamén poderían referirse ao alcume ou apelido do seu posesor. Do mesmo xeito que o monte se designa segundo quen fose o seu propietario ou propietaria, tamén o pode facer pola proximidade a algunha construción que o caracterice, como acontece no Monte da Pachina. Trátase dun espazo de monte comunal que se pasou a denominar así pola proximidade da casa da Pachina (Casás). Pachina pode ser hipocorístico do nome feminino Francisca ou forma feminina dun apelido ou sobrenome Pachín . Monte da Xesteira, O Monte situado por riba do barrio da Fonte Santa, na estrema coa parroquia de Matamá. É un lugar en que deberon abundar e abundan as xestas (do latín genesta ). Este arbusto leguminoso tan abundante nos nosos montes foi usado noutros tempos para facer vasoiras coas que varrer as casas, os fornos, a fariña no muíño... Monte Grande, O O Monte Grande sitúase na costa da Gabaneta, fronte á casa da Megida, ao final do lugar de Manolo O Purgatorio , contra A Pedra Branca. Os topónimos recollidos co substantivo monte adoitan aparecer modificados por un adxetivo, como é o caso do Monte Grande, onde grande nos informa do tamaño deste, ou por un elemento preposicional que informa da súa localización.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==