Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 88 Do latín M artinus , o nome Martín estendeuse segundo o facía o culto a San Martiño de Tours. É un dos nomes masculinos máis frecuentes en Galicia dende o século xii (Boullón, 1999). No topónimo O Martín do Ponte Fino temos referencias ao seu posesor moderno alcumado O Ponte Fino . «Madalena de Comesaña y los hijos de María de Comesaña das Pereiras pagan medio real por la leira de martín » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11v) «la leyra o heredad de Martín » (1762, AHMV, Memorial de bens que fincaron tras a morte de Gregorio da Igrexa veciño de San Paio, f. 5) Medinas ou Medines O que noutros tempos foron campos de regadío ao pasar a ponte do río Lagares, hoxe é unha zona ocupada por equipamentos como a gasolineira de Comesaña e outras empresas. Os Medines ou Medinas son denominacións que conviven entre a xente do lugar e que varían de masculino a feminino segundo con quen se fale. É posible que deriven dun Medina orixinal, probablemente o apelido do seu antigo propietario. Este apelido aparece no ano 1444 nunha breve do Papa Uxío IV en que lle outorga ao arcediago de Olmedo, Gundisalvus de Medina , o beneficio simple das parroquias viguesas de Oia e de Comesaña, logo de que Juan Rodríguez del Padrón as deixase ao ingresar na orde de San Xoán de Xerusalén e de ser ocupadas indebidamente polo clérigo Vasco Esteban. Juan Rodríguez del Padrón ou de la Cámara (1395?-1452?) foi famoso trobador e autor das obras Siervo libre de amor (1439), Cadira de honor (ca. 1440) ou Triunfo de las donas (ca. 1445). Xunto á súa faceta literaria, foi soldado do rei Xoán II e asistente ao concilio de Basilea como secretario do cardeal Cervantes. (Reg. lat. t. 407 f. 8) Gundisalvus de Medina , archidiac. 884: Baptistae, electo concordien., et decano ac thesaurario ecclesiae Tuden. mandat, ut Gundisalvus de Medina, archidiaconum de Olmedo in ecclesia Abulen., inducant in corporalem possessionem simplicium parochialum S. Michaelis de Oya et S. Andreae de Comesana , Tuden. dioec.,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==