Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
L i m i a r 7 Limiar 1 O curso do río Lagares cruza silandeiro baixo Balaídos antes de che- gar ás Barxas Grandes, Poldres, O Anguieiro e Medinas, dende onde vai encaixado entre terras húmidas ata a súa desembocadura na Foz, despois de Muíños. Neste tramo final, en que amainan as súas sal- vaxes augas, únese ao mar logo de atravesar Comesaña, parroquia do concello de Vigo, obxecto do noso estudo. Aínda que é unha das parroquias padecedoras do proceso de industrialización experimentado pola Cidade Olívica, achegarémonos á súa xeografía, coñeceremos as súas terras, camiños, muíños, montes, fontes ou lavadoiros grazas á súa toponimia; os nomes de lugar que, as persoas que naceron nela, conservaron ata os nosos días por ser parte da súa idiosincrasia. A microtoponimia recollida permite analizar o seu terreo, as características xeográficas e naturais, xunto aos espazos que a actividade humana, ao longo da historia, foi modificando ao seu proveito. Comesaña experimentou no século pasado un proceso de conversión que fixo máis urbanas algunhas áreas fronte a outras aínda rurais, especialmente a partir da década dos setenta. Barrios como Casás, Rial, A Rodeira ou A Igrexa salváronse da inicial explosión urbanística e industrial, así como certas zonas de Sanín. Outros, aínda conservando parte do seu orixinal ambiente como As Pereiras, Muíños, O Pazo, A Pedreira, O Tombo ou A Ponte, perderon a fasquía tradicional coa instalación de fábricas, estradas, concesionarios, equipamentos, tendas etc. Á perda de terras de labor contribuíu tamén, dende o ano 1957, a instalación da Zona Franca, que ocuparía terreos de Comesaña e da veciña Matamá, e deixou sen campos e veigas a veciños e veciñas da
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==