Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

87 T o p ó n i m o s terras. Enmoitos lugares deMiñor e de Fragoso perdeuse a denominación popular fronte a mazanceira . O nome da mazá provén do latín vulgar mattiana de mala mattiana , nome dunha das moitas variedades. «Matheo Salgueyro trae el campo da Mazeyra » (AHMV, Relazion, 1643, f. 2r) Mallo, A de Piñeiral e tomadas con algún que outro campo entre o barrio dos Eidos e Os Cocheiros. Topónimo procedente de A (tomada) de Mallo. O apelido Mallo procede, ao igual ca o instrumento usado para mallar os cereais e algúns legumes, do latín malleu . Mallo é o apelido dalgunhas familias de Comesaña e tamén dunhas 329 persoas en todo o concello de Vigo. A maior concentración deste apelido en toda Galicia dáse nos concellos coruñeses de Trazo e da Laracha. Manga, A É imposible ver hoxe como sería A Manga orixinal ao desaparecer coa construción da Zona Franca no pasado século. Do latín manicam , derivado de manus ‘man’, este substantivo explícase na toponimia como unha metáfora dun terreo de forma alongada que se introduce noutro. Martín, O; Martín do Ponte Fino, O Máis ca unha grande extensión de campos atreveríame a dicir que O Martín forma parte dun lugar dentro do barrio das Pereiras. Cunha orixe moi parecida á de Sanín, O Martín das Pereiras provén dun ( villa ) M artini , nome creado a partir do deus M ars , M artis ‘Marte’.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==