Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 86 Liñares, Os; Liñares do Tiquitoque, Os Lugar do barrio dos Cocheiros que estrema cos terreos da Zona Franca. Parte da zona dos Liñares que non foi arrasada pola construción citada é coñecida por moitas persoas como Os Liñares do Tiquitoque por ter aquí terreos este veciño da Ponte. Un liñar é un terreo dedicado ao cultivo do liño sobre todo da variedade chamada liño manso, Linus usitatissimum (Dicionario de dicionarios) . Tiñan que ser terreos moi fértiles os que alá pola primavera, a fins de maio ou comezos de xuño ( descanda os feixóns), ían acoller a plantación de liño. O proceso era longo e custoso como o da la, pero ambos os traballos supuñan ter a materia prima para elaborar a roupa dos membros dunha familia. Debeu haber unha produción importante desta planta téxtil cando xa Pascual Madoz en 1847, ao falar da industria existente na parroquia, dicía que «además de la agricultura y la ganadería, cuentan varios telares de lienzos ordinarios...». En 1804, Lucas Labradas na súa Descripción económica del Reino de Galicia xa indicaba que, en Vigo, «las mujeres del pueblo y aldeas inmediatas se dedican a hilar, calcetar y tejer en los ratos que se lo permiten sus ocupaciones domésticas o las del campo». «Jacinto Sánchez paga trece quartos por Liñares y por el Eydo » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11v) «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Linares » (1752, CME, Leigos, f. 517v) «siete ferrados (...) secano al sitio de Linares » (1752, CME, Leigos, f. 457r) Maceira, A Terra á beira do río de Gonzas, no camiño novo que abriron coa circunvalación e que vai de Comesaña á Rodeira. Esta árbore froiteira, unha das máis cultivadas nas nosas hortas pese á súa abundancia, foi tamén en ocasións usada para denominar algunhas
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==