Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 84 Latas Latas era como as persoas de Coia lles chamaban a unhas terras situadas moi preto de onde estiveron As Cadeas do tranvía que ía a Baiona, na rotonda onde conflúe a rúa da Cañiza (camiño de Bouzas) coa autovía de circunvalación. A palabra lata está aínda viva nalgúns lugares para designar unha viña ou ‘os travesaños dunha parra’ (Dicionario de dicionarios) . En Comesaña a palabra lata perdeuse á hora de falar dunha viña alta apoiada en postes ao ser substituída por parra . Corominas dá o galego lata ‘emparrado’ como xermanismo ( slata ). A súa presenza na toponimia, ademais de lembrar a estrutura sostén dunha parra, aparece tamén, por semellanza da súa forma, para ‘tira longa e estreita’ de terra (Carrasco, 2014: 109). Lavadouros A etimoloxía desta palabra atopámola no latín lavare ‘lavar’ e en lavatorium ‘lavadoiro’. Os lavadouros , coa terminación en -ouro propia da variante da área tudense, eran sitios onde as mulleres, principalmente, ían lavar a roupa. Entre os diferentes tipos, habíaos en Comesaña ás beiras do río, onde se dispuñan lousas inclinadas para lavar e había que se inclinar de xeonllos, como na Pedra de Fregar do Pazo ou no río de Gonzas, e outros xa exentos e cubertos. Estes últimos son os máis abundantes e están formados por un longo pío rectangular asentado sobre unha estrutura de pedra na cal se colocaban dúas follas con lousas inclinadas. Hai boa mostra desta contrución popular modificada e restaurada co Plan de lavadoiros levado adiante polo Concello na década dos sesenta no Lavadouro da Gandra (Casás), o Lavadouro da Laxe (Casás), o Lavadouro da Presa (Sanín), o Lavadouro da Regueira ( Casás), o Lavadouro da Rodeira , o Lavadouro do Pontillón (Rial) ou o desaparecido Lavadouro do Regueiro (A Ponte).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==