Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
83 T o p ó n i m o s Lameira, A Terras propiedade do Cuco, de aí que tamén algunha xente lles chame Campo do Cuco e que na actualidade son aparcadoiro e área de lecer da parroquia, logo de que as mercase a comunidade de montes, detrás da Sociedade Nautilius. Son campos e camiño situados en Rial ao seu paso por diante da Fonte da Cal, lugar onde abundaba a auga. En moitas áreas de Galicia unha lameira é un sitio onde hai lama, pero en Ourense e no sur de Lugo pode significar simplemente un terreo a herba que ten humidade todo o ano, e funciona como sinónimo de prado . Na Lameira de Rial enterrábanse os carros, na de Sanín dábanse ata as ras. «La heredad da Lameyra » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Lamelas, As Terras máis altas que hoxe ocupa o PAU de Navia, xusto por debaixo do colexio Amor de Dios. Nome procedente de lama e o sufixo diminutivo - elas . Entre os da parroquia fálase dun lugar onde se estancaba a lama. Lapas, As Tomadas na estrema con Coruxo. Úsase tamén en castelán e a palabra lapa designa a ‘rocha que sobresae cubrindo un lugar’, común co portugués. Algunhas tobas ou ‘buraco que fan debaixo da terra certos animais para viviren ou refuxiárense nel’ (Dicionario da Real Academia Galega) coñécense tamén como lapas . «tres quartas de monte segunda calidad al sitio da Lapa » (1752, CME, Leigos, f. 504r)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==