Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

81 T o p ó n i m o s «María de Comesaña (...) casa terreña al lugar de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 612r) «María Álvarez (...) casa terreña al lugar de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 619r) Infestas, As Terras situadas á entrada do barrio de Comesaña. Infesta é unha voz topográfica usada para designar unha costa que descende a unha vagoada ou a ‘parte máis alta dun terreo baldío ou labradío’ (Dicionario de dicionarios) . Se desagregamos a palabra obtemos o sufixo in ‘cara a’ + festus ‘altura, cume’. O verbo infestar aplícase nesta parte de Fragoso e terras de Miñor para deixar clara a abundancia: «O río antes estaba infestado (cheo) de anguias». «más se le haze de siete reales que dió un ferrado de zenteno que anualmente paga Phelis Balverde por el campo da ynfesta » (1697- 1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 60v) «medio ferrado (...) secano al sitio de Ynfesta » (1752, CME, Leigos, f. 616r) «media cavadura de viña (...) al sitio de Ynfesta » (1752, CME, Leigos, f. 504r) Insuíña, A Campos ocupados por pasto e árbores froiteiras ao entrar no barrio do Pazo á esquerda. Algunhas das terras situadas neste lugar foron tamén ocupadas polo complexo industrial dos Pumariños. Insuíña é o diminutivo galego de ínsua (do latín insula ‘illa’) co sufixo común - iña . Unha ínsua en galego é propiamente unha península, un lugar que só ten acceso por un dos seus lados, habitualmente por encontrarse na confluencia de dous cursos de auga. A Insuíña do Pazo quizais se refira máis a un terreo en ‘sitio fértil á beira do río’.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==