Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 80 «una quarta de cauadura de parra (...) al sitio de Herdadeira » (1752, CME, Leigos, f. 459v) Horta, A Terra labradía en Comesaña ás beiras do río de Gonzas tamén denominada A Maceira . A Horta de Comesaña, igual ca calquera das que hai dentro dos lugares da parroquia, son terreos xeralmente de regadío en que se botaban cultivos tan presentes na alimentación diaria dunha familia como ervellas, verzas, tomates, repolos, cebolas, feixóns verdes, cenorias etc. A súa orixe está no latín hortum ‘propiedade cerrada’. Igrexa, A Ademais de referirse ao edificio relixioso é a denominación de todo o barrio situado na súa contorna. Do latín ecclesia ‘asemblea dos cristiáns’ pasou rapidamente a nomear o lugar onde se celebra o culto e se venera o Santísimo. A Igrexa é o nome do barrio localizado nos arredores do templo parroquial. Sobre un templo probablemente románico, a actual igrexa comezouse a construír no século xix , unha vez que en 1848 se manda derribar a vella. « la casa y lugar de la Yglesia en donde avitaba aquel» [Benito Fernández] (1839, AHMV, Poxa de bens secuestrados aos prófugos do distrito, BOU/24, f. 2v) «Joseph Rodríguez (...) casa terreña al sitio de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 442r) «Jacinta Salgueiro (...) casa terreña al lugar de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 500r) «Joseph Núñez de Vigo (...) casa terreña al sitio de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 552r) «Magdanela de Zúñiga (...) casa de un alto al lugar de la Yglesia » (1752, CME, Leigos, f. 609r)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==