Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
79 T o p ó n i m o s Pode ser este topónimo unha variante popular de G orecho , un hipocorístico de Gregorio moi común nos séculos xvii e xviii e que nos indicaría quen era o seu propietario. Grecho ou grecha é tamén a persoa co pelo rizo ou retorcido, áspero ou alterado (Dicionario de dicionarios). Este topónimo, de formación recente, provén do alcume dun topónimo que en orixe debía ser A do Grecho , é dicir, unha persoa co pelo rizado ou retorcido, áspero, irritado ou alterado (Dicionario de dicionarios) . Guimareo, O Terras desaparecidas coas últimas expropiacións da Zona Franca. Do xenitivo do nome persoal medieval W imaredus ou G uimaredus , de orixe xermánica, provén o noso Guimareo, así como o nome doutras moitas poboacións galegas chamadas Guimarei. «un ferrado (...) secano al sitio de Guimareo » (1752, CME, Leigos, f. 415v) «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Guimareo » (1752, CME, Leigos, f. 511r) «terreno a labradío Guimarey de 100 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Juana Comesaña López, f. 14v) Herdadeira, A A Herdadeira sitúase no barrio do Pazo e linda coa estrada e co río Lagares, próxima á antiga Casa da Inquisición. A Herdadeira é, probablemente, un topónimo composto de herdade ‘propiedade rural pertencente a un só dono, composta pola casa, terras e gando’ e eira como ‘sitio chan próximo á casa’ (Dicionario da Real Academia Galega) . Unha vez de aplicado a alcume de propietario ou propietaria, referiríase á ‘persoa que herda ou vai herdar’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==