Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 78 Atestacións como esta, coa variante castelanizada do primeiro elemento do composto, confirman que ese elemento é auga/agua . Gordoias, As Campos ás beiras do río do Granxeo no barrio de Rial. Aínda que o deberiamos presentar case que como un topónimo escuro do que descoñecemos a orixe, o máis verosímil é que proceda dun antigo Agro de Oia . A forma plural As Gordoias , nome máis oído entre a veciñanza, é un plural de orixe recente usado para referirse ao conxunto de terras resultado da interpretación do A - inicial como artigo e non como parte do susbtantivo agro . O paso de Agro d´Oia a * agrodoia e agordoia é fácil ao darse unha metátese de R , probablemente influenciado polo adxectivo gordo . «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Gordoias de afuera » (1752, CME, Leigos, f. 698r) Granxeo, O Tomadas baixo as famosas Covas do Folón de Coruxo que dan ao río homónimo. Está relacionado con granxa (do latín graneam ) e o verbo granxear (‘explotar agricolamente un terreo’). «tres ferrados de deesa (...) al sitio de Granjeo de afuera » (1752, CME, Leigos, f. 515r) «ferrado ymedio, monte primera calidad al sitio de Grangeo , cerrado» (Libro do Maior Facendado, libro 273, f. 3928, rolo 196 B, AHU) Grecho, O O Grecho é o nome dun dos moitos terreos que compoñen O Rial de Mato, no barrio de Casás.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==