Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 76 Gaiosas, As; Gaiosa, A Á sombra da ponte do cinto de circunvalación, á dereita do camiño de Casás, atópanse unhas das terras máis produtivas do barrio de Comesaña. A Gaiosa era o nome doutra leiriña situada no barrio de Sanín, hoxe dentro do lugar dos Reinaldos. A orixe das Gaiosas non é outra ca o apelido Gaioso, hoxe aínda con algunha presenza na parroquia. A feminización deste apelido supuxo relacionar unhas mulleres pertencentes a esta familia con estas terras da súa propiedade. O apelido Gaioso procede do nome G audiosus , antropónimo latino que se formou a partir de gaudium ‘gozo’. En todo o concello de Vigo documéntanse 185 persoas así apelidadas. Se nos fose imposible relacionar estas terras cun Gaioso, seguramente pensariamos na alusión a un alcume, entendendo por gaiosa unha muller ‘alegre, xentil e gallarda’ (Dicionario de dicionarios). «un ferrado (...) regadío al sitio de Gaiosa » (1752, CME, Leigos, f. 585r) Gandra, A; Gandra de Baixo, A; Gandra de Tinallas, A; Gan- dra de Riba, A Terreos situados xa no alto de Casás, en zona de depresión e vagoada antes de comezar a subir cara á Aguieira. A Gandra de Tinallas é o nome duns terreos de labor hoxe desaparecidos co PAU de Navia. A Gándara ou Gandra , como aquí se di, é unha palabra de orixe prelatina que designa terreos estériles ou non cultivables, ben pola mala constitución do terreo que adoita ser areento e pedregoso, ben por ser lugares moi húmidos. A Gandra de Casás presenta diferenciación segundo a súa altitude nos topónimos A Gandra de Riba e A Gandra de Baixo . En Portugal utilízase o termo para referirse ao ‘terreo areoso, pouco produtivo e estéril; terreo despoboado cuberto de plantas agrestes’ (Dicionario de dicionarios) . Descoñecemos se no topónimo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==