Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
75 T o p ó n i m o s fontis , este topónimo non se refire aquí a ningunha construción á que ir buscar auga, senón que o fai aos abundantes mananciais ou bulleiros que brotan da terra nestes campos. «un sexto de ferrado (...) regadío al sitio da fonte » (1752, CME, Leigos, f. 490r) «medio ferrado (...) secano al sitio da fonte de Comesaña » (1752, CME, Leigos, f. 675v) «un tercio de ferrado (...) regadío al sitio de fuente de Comesaña» (1752, CME, Leigos, f. 763r) Fornos Terreos perdidos coa construción do complexo industrial do Caramuxo, da outra banda do río fronte ao cemiterio parroquial. Non sabemos se no lugar existiron noutros tempos fornos de cocer tella como os que houbo en Balaídos e aparecen xa documentados en 1529. Non sería raro que existise ás beiras do río unha telleira, pois a base de pequenas embarcacións levaríase o material producido río abaixo ata o mar. Pode referirse tamén este topónimo a terras afundidas respecto ás lindeiras, e ter orixe no latín furnus . «Juan da Ermida luminario que fue a censo en cada un año paga medio ducado de renta a la fábrica de dicha yglesia y cargo sobre la heredad de Fornos ques diezmo a Dios» (1613, AHD, Libro de Fábrica, f. 9) «Gregorio Alonso vezino de San Paio paga tres reales y medio por una leira en Fornos y otra en Martín » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11) «un ferrado y quarta (...) secano al sitio de Barja de Fornos » (1752, CME, Leigos, f. 412V) «dos ferrados (...) secano al sitio de Fornos » (1752, CME, Leigos, f. 457r-457v) «un ferrado (...) secano al sitio de Fornos » (1752, CME, Leigos, f. 534r)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==