Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 74 «un dozauo de ferrado (...) regadío al sitio da fonte dos frades » (1752, CME, Leigos, f. 590v) «terreno a tojar Fonte do Frade o Torre de 54 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Juana Comesaña López, f. 14r) Fonte Santa Boa mostra de como a importancia dunha fonte levou a denominar do mesmo xeito a todo barrio en que esta se enclava é a Fonte Santa . Se algo se destaca de moitas fontes existentes en Galicia é o poder curativo e místico das súas augas. A Fonte Santa , situada no barrio do mesmo nome, non debía ter poderes ningúns, polo menos ninguén os recorda, pero quizais noutro tempo se relacionase con ela algunha lenda ou curación. Sen ir moi lonxe, no concello de Baiona, no barrio de San Cosme de Baíña, existe outra Fonte Santa a onde as nais levaban a lavar os fillos e fillas na noite de San Xoán baixo a crenza de que as súas augas eran curativas, como se dicía das de Comesaña. «un ferrado de monte (...) al sitio de Fonte Santa » (1752, CME, Leigos, f. 487v) «un ferrado de monte (...) al sitio de Fonte Santa » (1752, CME, Leigos, f. 536r) «... al sitio de Fonte Santa » (1752, CME, Leigos, f. 487v) «... San Pedro de Matamá y Fuente Santa , poniente deesa de Su Magestad» (1752, CME, Leigos, f. 803v) Fontes, As Se imos pola nova pista aberta dende a ponte do río de Gonzas cara a Rodeira, as primeiras terras tras pasar as casas do Rioboo e dos Rodríguez son As Fontes . Se hai en toda a parroquia algunhas terras que estean boa parte do ano enchoupadas de auga esas son As Fontes . Derivado do latín fons ,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==