Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
73 T o p ó n i m o s Fonte do Pazo Aínda que foi soterrada hai anos, a pedra do seu paramento, na cal se pode ler «Fuente del Pazo 1924» atópase na actualidade exposta ao pé do cruceiro homónimo no cruzamento da estrada Matama-Pazo coa PO-552. En setembro de 1900, Simón Pérez e Emilio Alonso, en nome dos seus veciños do Pazo, solicitáronlle ao Concello o seu arranxo por ter secado ante a falta de mantemento. Argumentan a súa utilidade «no tan sólo para los del citado barrio sino también por el beneficio utilísimo que reporta a los transeúntes y dueños de fincas». 9 Fonte dos Frades A Fonte dos Frades é o nome dun bulleiro localizado nas tomadas chamadas da Cova da Becha por riba dos campos das Torres na Rodeira. Foi o nome desta fonte o que deu lugar a especular sobre a posibilidade da existencia no lugar dun antigo eremitorio ou pequeno mosteiro do que ningunha estrutura hoxe se conserva. O irmán do antigo párroco don Camilo, Justo Fernández Fandiño, no seu libro sobre a parroquia escribe que «en esta feligresía de San Andrés de Comesaña existió un monasterio de monjes bernardos, en el lugar conocido por Fonte dos Frades situándolo otros en el lugar del Pazo». Aínda que cre na súa existencia, fala dun «pequeño priorato». Pola nosa parte non fomos quen de atopar ningunha referencia documental alén dalgunhas obras do século pasado en que se fale desta hipótese. O que si documentamos foi a presenza de diversas propiedades nesta zona en mans dos dominicos da vila de Pontevedra como foron os montes de Sanín e Anduriñas ou o aforamento en 1754 por oito ferrados anuais do Campo da Gándara: 10 9 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/23. 1900, setembro, 15. Comesaña. 10 Arquivo Histórico Nacional,Clero-Secular_Regular, L.10238, Cobrador de la renta antigua y la renta nueva del partido de Vigo . f. 7r-8r.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==