Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 72 Laxe (Casás) , a Fonte da Paraguda (a Fonte Santa), a Fonte do Pazo (1924), a F onte da Pedreira , a Fonte do Regueiro (A Ponte) ou a F onte da Rodeira . Fonte da Cal Importante fonte que xunto co resto de minas subterráneas abastecían de auga todo o barrio de Rial. Aínda que hoxe tentemos buscar unha fonte no lugar, nada atoparemos máis ca o buraco que como recordo queda da mina de auga que a abastecía. Esta fonte conta cunha mina de máis duns 200 metros de percorrido que presenta no seu interior un importante desnivel. Foi feita coa intención de deixar sen auga a que abastecía a casa da Berrega, localizada por riba desta en Redondos. Fronte ao que puidésemos pensar, o substantivo cal non se refire ao po soluble en auga usado para encalar as casas, senón que se refire ao propio cano co que debeu contar noutros tempos a fonte. Igual ca a dun muíño, a cal ou canle da fonte é o lugar polo que sae a auga, o picho ou bico. A Fonte da Cal era, polo tanto, unha ‘fonte de cano ou canle’. Fonte do Femio A Fonte do Femio é o nome dunha pequena fonte, máis ben manancial, da que brota auga no barrio de Rial. A existencia desta fonte no barrio de Rial témola documentada cando menos xa no século xviii . Nun protocolo notarial de 1763 puidemos ler como Pedro Costas de Rial lle arrendou ao veciño de Panxón Juan Domingo Baltierra «el su campo y terreno labradío (...) a donde llaman fonte de Eufemia» por vinte ferrados de millo. Como vemos, o nome orixinal da fonte contiña o nome de muller Eufemia e precisa do D da preposición para producirse a alteración de Fonte d’Oufemia > Fonte do Femia > Fonte do Femio . «un sexto de ferrado (...) secano al sitio de fuente do Femio » (1752, CME, Leigos, f. 457v)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==