Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

71 T o p ó n i m o s áspera e areosa da terra e a un ‘terreo desigual, escabroso, pedregoso, escarpado, accidentado, fragoso e difícil de transitar por el’ (Dicionario de dicionarios). Folgada, A As terras que existiron entre a avenida da Florida e a mal chamada rúa da Ponte da Veiga, denomínanse A Folgada . A Folgada é o nome dunha terra que debeu ser deixada nalgún momento a poulo , a monte, polo tanto deixada de cultivar e que folgou. Recóllese tamén o uso de folgada para referirse a un ‘prado ou cercado onde se bota o gando a pastar libremente e a folgar’ (Dicionario de dicionarios) . Fondón, O Labradíos desaparecidos pola construción da Zona Franca en 1956. Derivado do latín fundum ‘fondo’ refírese aos terreos situados nunha parte máis baixa respeto aos que o circundan. «un ferrado y medio (...) al sitio de Fondón » (1752, CME, Leigos, f. 471r) Fontes Do latín clásico fontem ‘ fonte, nacente de auga’, non só se refire ao manancial de auga que nace da terra, senón tamén á construción realizada para o seu aproveitamento. A maioría dos nomes recollidos en que está presente o substantivo fonte refírense a construcións realizadas para poder ir a ela con caldeiros ou augadoiros e coller auga. O substantivo fonte acompáñase, nos topónimos recollidos, dun adxectivo ou doutro substantivo que fala do seu carácter e do lugar onde está localizada: a Fonte da

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==