Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 70 contadores, carteis e encerados que axudaban tamén no ensino das catro «reglas de cuentas». 8 En 1929, con 1086 habitantes e 100 escolares, Comesaña tiña xa dúas escolas (Varela, 2013: 331). A Escola Vella do Outeiro estivo en funcionamento ata que comezou o actual grupo escolar na década dos setenta. O novo colexio de educación infantil e primaria leva o nome do lembrado párroco Camilo Fernández Fandiño, cura en Comesaña dende 1941 ata o seu falecemento o 4 de xaneiro de 1970. Espadanal, O Terras labradías de regadío e de secaño situadas na subida de Casás, por debaixo das tomadas de Costelas que entestaban noutro tempo co río de Gonzas. Derivado en - ale de espadana, o seu uso provén da semellanza que cunha espada (< spatha ( m )) teñen as follas da Iris pseudocorus , un lirio salvaxe que nace ás beiras das correntes de auga (Marqués, 2004: 490). Chámase en galego e portugués espadana (en castelán espadaña ) e foi seguramente unha planta que abundou nestes terreos próximos ao río. «Domingo de Bastos, vezino de Vigo, paga un real por la leira de heredad en el campo do espadanal » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11) Esperón, O Tomada xa estremando con Coruxo, por debaixo do monte do Gato. Derivado do adxectivo áspero (O Asperón, O´sperón deu lugar ao Esperón) tan común na toponimia galega. Referiríase entón á calidade 8 Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Ensinanza primaria, Pontevedra, c.128, 130 e 132, porción 1.ª-2.ª-5.ª, pp.10,11,12.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==