Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

69 T o p ó n i m o s Ervilla é como se lles chama na zona aos chícharos. Procedente do latín ervilia , o lugar onde abundan estas leguminosas é un ervillal . Así é como lles chaman os de Coia ás terras que os de Comesaña coñecen como O Anguieiro , e nas cales seguramente se cultivaban ervillas coma nos Ervillás de Vincios (Gondomar). «medio ferrado (...) secano al sitio de Hervillal » (1752, CME, Leigos, f. 412r) «terreno a viña Ervillal de 93 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, José Fernández Mallo, f. 16) Escola, A; Escola Vella, A; Escola da Ponte, A A Escola por antonomasia é o CEIP Párroco Don Camilo, mentres que se reservan as denominacións de A Escola Vella e A Escola da Ponte para referirse ás antigas escolas ás que moitas das xeracións da parroquia acudiron. Documentamos en Comesaña a existencia de ata tres escolas: a situada á entrada do barrio da Ponte, outra na Pedreira e a situada nas Nogueiras, ao pé do vello cruceiro do Outeiro. Do latín scholam ‘lección’ en 1845 Madoz apuntaba á existencia na parroquia dunha «escuela de primeras letras frecuentada por 48 niños de ambos sexos, cada uno de los cuales paga al maestro un ferrado de maíz» . De 1865 a 1880, grazas ás «visitas de escuelas» efectuadas polos inspectores de primeiras letras, sabemos que a escola de Comesaña estaba no lugar da Pedreira (número 10) a cargo do mestre Manuel Álvarez Pedreira en 1865 e, nos últimos anos, de Manuel Casal Fernández. Entre os 51 e 46 alumnos que parece que tivo a escola neste tempo, unha boa parte deles estaban dispensados do pagamento ao mestre pola pobreza dos seus proxenitores, máis da metade non concorrían diariamente ás aulas ou faltaban a miúdo por axudar nas tarefas da casa. Dotadas de apenas mobles e material didáctico, ensinaron doutrina cristiá seguindo o Catecismo del Padre Astete , Historia sagrada de Fleury, Silabario y método de Naharro, lectura por cadernos litografiados por Flores, cartillas ou Manual de Agricultura de Oliván; escritura a partir de muestras editadas por D. José Francisco de Hurzaeta, taboleiros,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==