Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 68 debeu ser tal a súa importancia que mesmo lle deu nome á familia dos da Eira. Do substantivo aream , refírese ao lugar en que se secaba ou se mallaba o cereal, espazo xa utilizado na época romana para ese fin. Mentres que a zona coñecida en Casás como As Eiras , ao pé de onde estivo en tempos a tenda do Cabra, debeu ser unha gran laxe de uso comunal para mallar, cando menos o pequeno conxunto de casas que alí había; A Eira Vella , situada no barrio da Ponte, era de uso particular. As eiras enlousadas tradicionais, como a da Ponte, eran normalmente de planta cuadrangular ou rectangular e aparecían moitas veces rodeadas cun muro de pouca altura, e a súa tarefa principal era a malla do trigo e do centeo. Ao longo do ano era un espazo usado para tender a roupa ao clareo, secar as fabas, cabazas ou froita en xeral, así como en terras de costa era o lugar no que se botaban as redes a secar. « una quarta de ferrado (...) secano al sitio de Eyra de Casás » (1752, CME, Leigos, f. 570v) Enxido, O Terras que estreman coa Zona Franca no barrio dos Cocheiros por detrás da casa do Pintos. O topónimo O Enxido é unha variante do substantivo común galego eixido , evolución do latín exitum , derivado do verbo exire ‘saír’. Un enxido é o terreo máis achegado á casa dedicado tanto a horta coma a árbores froiteiras, que en ocasións estaba cercado. «terreno a viña y cañaveral Eixido pequeño de 55 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Juan Comesaña López, f. 15v) Ervillás, Os Á entrada da rúa de Citröen, pouco despois de pasar a rotonda da ponte do Lagares, é o lugar de Os Ervillás .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==