Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

67 T o p ó n i m o s «ciento sinquenta reales vellón reditos de zenso que devia Francisco costas (...) por el campo dos Eidos oy de Peralgueiro » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 53v) «tres quartas de ferrado (...) al sitio dos Eydos » (1752, CME, Leigos, f. 417r) «un ferrado (...) secano al sitio de Eido de auajo » (1752, CME, Leigos, f. 776v) «Martín Fernández (...) casa terreña al lugar dos Eydos » (1752, CME, Leigos, f. 590r) «Martín da Ponte (...) casa terreña al lugar dos Eydos » (1752, CME, Leigos, f. 593r) Eira da Renda, A Indo cara á casa do Pelates, na Igrexa, polo carreiro estreito que entra pola casa do Calzada, temos á man esquerda os campos do Pelargueiro pero tamén A Eira da Renda . A Eira da Renda foi, segundo o seu nome, unha terra que se traballou en arrendamento e pola cal o seu dono percibía unha renda, un pagamento ben en especias, ben en diñeiro. Cabería tamén a opción de que se tratase dunha terra na que o substantivo renda, do latín rendita , se refira á ‘segunda sacha ou escarda do millo, patacas etc.’ (Dicionario de dicionarios) . A voz arrendar está aínda viva na zona cando se fala de ir sachar o millo. «más un real de bellón que anualmente paga Francisco Román por el pardiñeiro que llaman de la hera dela renta » (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 52v) Eira Vella, A; Eiras, As As Eiras é o nome dun espazo polo que hoxe vai o camiño da Regueira fronte á tenda do Cabra. A Eira Vella é unha das eiras enlousadas conservadas, neste caso no barrio da Ponte, e que

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==