Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 66 No Catastro de Ensenada infórmasenos de que o rei tiña na parroquia dúas propiedades. Unha devesa de «ocho ferrados de primera calidad al sitio de Castro de sobre Costelas» e outra de «treinta y seis ferrados de primera calidad al sitio de Millarada junto al Castro y sobre Rodeira» que «linda al leste con Monte de Pedra aguda y poniente con el Castro». Sabemos que pola proximidade de ambas, o nome actual da Devesa do Rei refírese ao conxunto das dúas antigas devesas, das que atopei os marcos gravados co característico R de Real. Devesa, A No barrio de Casás, ao lado de Costelas, consérvase o nome de A Devesa xusto por debaixo da casa do Pesetas. Os terreos arborados que deberon existir noutros tempos nesta pendente cara á Laxe aparecen hoxe ocupados na súa maioría por viñas e por pastos. Do latín defensa , participio de defendere , unha ( terram ) defensam era unha ‘terra acoutada’. En Comesaña devesa é aínda un xenérico usado e referido a un espazo do monte cercado e con árbores autóctonas, fundamentalmente carballos. Eidos, Os; Eido Vello, O Os Eidos é un nome en retroceso e en vías de extinción ao non usarse nos enderezos os nomes dos barrios ou lugares. É o lugar en que se situaba a abadía. Os Eidos Vellos son unhas terras localizadas por riba da Laxe, no barrio de Casás. O substantivo eido provén do latín aditum , e do seu significado orixinario de ‘parcela cultivada inmediata á casa’ pasou a referirse a calquera terra de labor. Temos tamén o substantivo eido no topónimo O Eido Vello do barrio de Casás. Presenta como segundo elemento o adxetivo vello , como consecuencia da comparación con outros eidos máis novos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==