Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

65 T o p ó n i m o s mordomo e celador dos montes do Estado na parroquia, aproveitan «el esquilmo y malezas de dichos montes con la obligación de hacer en ellos las plantaciones necesarias». 7 Derrazón, A A Derrazón era o nome das primeiras terras situadas por debaixo da mina do Cancelo e ás que se chegaba polo mesmo camiño que levaba ás Antas. Desapareceron coa construción da Zona Franca. A Derrazón como topónimo puido terse formado a partir dun orixinal A de Ración en referencia á propiedade baixo ‘prebenda eclesiástica que ten a súa renda na mesa capitular’ (Dicionario da Real Academia Galega) ou, o que ben sendo o mesmo, sometida á renda para pagar unha ración entendida como cantidade de alimento asignado ou repartido a unha persoa, neste caso seguramente do estamento eclesiástico, considerado suficiente para satisfacer as súas necesidades. «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Razón » (1752, CME, Leigos, f. 457r-457v) «tres quartas de ferrado (...) al sitio de Razón » (1752, CME, Leigos, f. 774r) Devesa do Rei, A Desde o século xv moitas das antigas devesas comunais pasaron a ser patrimonio real, e aínda que continuaron tendo un uso comunal nelas non se permitía extraer a leña nin o pasto. Foron nun principio lugar de extracción de materia prima para construír barcos da armada e, dende o século xix , para as travesas do ferrocarril. 7 Arquivo Histórico Municipal de Vigo (AHMV), BOU/24. Patrimonio, montes. 1860, febreiro, 14. Pontevedra.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==