Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 64 Cruceiro do Adro, O É o único cruceiro ao que se lle coñece popularmente como tal, pois os outros, xa citados, son coñecidos como Cristo. Localízase no interior do adro e, ao igual ca o do Pazo, foi trasladado da súa posición orixinal nos anos noventa. O Cruceiro do Adro , segundo Fernández Fandiño (1985), de «buena labra», é un exemplar composto dunha base cúbica con bordos achafranados na cal aparece unha cartela cunha inscrición ilexible. Parte dela un fuste octogonal rematado nun capitel liso e con volutas angulares sobre o que se asenta a cruz en que aparece unicamente Cristo crucificado. Curandeiro, A do Viñas no barrio de Comesaña, por detrás de Aramburu, ao lado da casa da Quica. O topónimo deriva do oficio do seu posesor, curandeiro. Denominábanse así as persoas que practicaban tratamentos curativos empíricos e supersticiosos e que tanto abundaban nas nosas parroquias (Dicionario de dicionarios) . Non aparece en documentos antigos, o que nos leva a pensar na súa modernidade e refírese ao curandeiro que había en Matamá ou en Freixo. Curucho da Aguieira, O O Curucho é a parte máis alta do monte da Aguieira. A 163 metros de altitude, O Curucho da Aguieira é sen dúbida o punto máis alto de toda a parroquia. Igual ca en Marín e Chapela, en Comesaña úsase curucho para referirse ao ‘cume do monte, a parte máis alta’ (Dicionario de dicionarios) , igual ca para nomear a parte máis alta dunha meda de palla ou cachopo. Aos seus pés esténdense os montes nos cales, dende 1860, Ramón Iglesias e José Benito Comesaña, como
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==