Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
63 T o p ó n i m o s Este cruceiro de fuste cilíndrico e liso carente de base, ao ser erixido directamente sobre a pedra, é considerado por algúns autores como un dos máis antigos de Galicia. Pola súa única cara traballada, a cruz presenta a Cristo crucificado xunto á Virxe María e San Xoán aos seus pés. O outeiro que serve de base foi en tempos canteira, como ben demostra a cantidade de guillos que presenta. Poderiamos tamén destacar neste a presenza de coviñas, algunhas naturais pero outras claramente antrópicas. Cristo do Pazo, O Cruceiro situado ao pé da estrada de Camposancos no cruzamento que vai cara a Comesaña e Matamá. Orixinariamente estaba localizado na encrucillada que formaba o antigo Camiño Real a Baiona co camiño que polo Pazo baixaba a Muíños pero, coa ampliación da estrada, tivo que ser trasladado e perdeu dous chanzos que o alzaban. Cruceiro do século xviii de base cúbica e columna lisa, octogonal, rematada nun capitel corintio que mestura follas de acanto e volutas. Por unha cara presenta un Cristo de longos brazos e grandes mans cravado con tres cravos (un en cada man e outro para os pés) e, polo reverso, unha Dolorosa de estilo barroco cuberta por un gran manto en actitude de oración. Na base figura unha inscrición, xa case ilexible, na cal se aprecia o ano de 1723. Croque, O O Croque é o nome duns grandes outeiros por debaixo da Aguieira onde o río conforma unha importante fervenza. Este topónimo pode emparentarse cos que se inician por cor- , cur- ou cro- e lembra lugares de prominencias rochosas, de grandes bolos graníticos que abundan nesta ladeira da Aguieira. Tradicionalmente, explicábase como topónimo onomatopeico que lembraba o ruído que producía a auga ao caer en altura.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==