Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 62 Cova, A O lugar de A Cova era o nome duns terreos do barrio da Ponte hoxe urbanizados. Derivado do adxectivo covus , cando atopamos o topónimo Cova referíndose a terras este debe ser entendido como terreo nunha depresión ou vagoada. «... con más sobre la dehesa de robles y castaños con su territorio que se dize la coba da devesa alinda con campo de Juan do Salgueyro» (1661, AHD, Convento de dominicas da Anunciada de Baiona, 16, carpeta 2, f. 2) «... Don Francisco Figueroa y Losada (...) dixo que dentro de la granja que se dice de la coba sita en dha feligresía tiene el referido señor Conde dos leiras de heredad» (1763, AHUSC, Protocolos notariais de Domingo Carbia Hermida, D-407) Covelo, O Canavais e viñas situadas debaixo da escola Párroco Don Camilo e que entestan polo norte coa estrada de Camposancos, fronte ás naves de Vitrasa. Deriva do diminutivo covus co sufixo - ellus . É un nome que na toponimia se aplica a concavidades ou lugares situados nunha depresión ou fondonada . «Juan Fernández da Pedreira (...) casa terreña al sitio de Cubela » (1752, CME, Leigos, f. 415r) «terreno a labradío Covelo de 106 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Ramón García Alonso, f. 27v) Cristo do Outeiro, O Cruceiro erixido sobre O Outeiro, que á súa vez lle dá nome ao lado da Escola Vella no barrio da Rodeira.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==