Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

61 T o p ó n i m o s Couso, O Unha vez pasado O Pontillón e seguindo o camiño que vai de Rial cara a Casás, atopamos un desvío á man dereita, segundo se sobe, que vai aos campos de O Couso . Son terras á beira do río de Rial. Cabeza Quiles opina que se aplica este topónimo a terreos que, pola súa disposición xeográfica, están afundidos respecto dos seus circundantes, nun baixío. «un tercio de ferrado (...) al sitio de Couso » (1752, CME, Leigos, f. 621r) «un dozeauo de ferrado (...) secano al sitio do Couzo » (1752, CME, Leigos, f. 560r) Cova da Becha, A A Cova da Becha era o nome dun penedo que se situaba ao lado do río de Gonzas e cando se construíu a autovía da circunvalación desapareceu. A outra Cova da Becha é o nome dunhas tomadas situadas por riba do barrio da Rodeira, por baixo da canteira do Valente. A Cova da Becha é un topónimo moi repetido nestas terras de Fragoso. Non designa covas propiamente ditas, senón pequenos abrigos naturais entre os penedos, como acontecía na Cova da Becha que había ás beiras do río de Gonzas, e lugares semiocultos e de difícil acceso como as tomadas así chamadas por riba do barrio da Rodeira. Está formado polo substantivo cova (do latín cavus ) e becha (do latín bestia ). Becha é un substantivo moi usado no galego da zona para referirse á cobra, serpe e mesmo ás lombrigas (Ascaris lumbricoides) que, segundo a tradición, comían do intestino dos máis cativos. Ás mulleres e aos homes de mal carácter aplicábaselles tamén este susbstantivo con valor pexorativo. «[se le embarga] la dehesa nombrada coba da becha » (1839, AHMV, Subasta de bens secuestrados aos prófugos do distrito, BOU/24, f. 2v)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==