Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 60 caracterísitico relevo accidentado galego, se algo abunda na parroquia son as costas e os lombos. Todos os nomes recollidos co substantivo costa refírense a pendentes pronunciadas en camiños. O segundo elemento de todos eles é o nome do lugar ao que van dar como a Costa das Ánimas (O Romeu), a Costa da Carballa (A Pedreira) ou a Costa da Fonte da Laxe (Casás); ou mesmo por onde pasan, tal e como acontece na Costa da Berrega (O Romeu) ou a Costa da Presa (Sanín). Só un dos nomes recollidos cremos que pode ser o alcume dalgunha veciña que habitaba nesta subida ou o seu apelido: a Costa da Gabaneta (Casás). «medio ferrado de monte (...) al sitio da Costiña » (1752, CME, Leigos, f. 418r) Costán, A Terreos a poulo ás beiras da Gandra de Casás xa na ladeira que sobe cara á Aguieira. A palabra costán úsase en terras de Baiona como sinónimo de lombo e designa unha pequena prominencia do terreo, como a que teñen estes campos. O adxectivo costaneiro aplícase igualmente a un terreo situado en costa ou en declive. Costelas Costelas é o nome dunha serie de tomadas situadas á esquerda ao subir polo camiño Fondo que dende a costa da Gabaneta leva á Laxe en Casás. O nome Costelas refírese á inclinación destes terreos. Costelas é, polo tanto, un derivado diminutivo de costa . «tres quartas de deesa (...) al sitio de Costelas » (1752, CME, Leigos, f. 492r) «un ferrado y quarta (...) secano al sitio de Costelas » (1752, CME, Leigos, f. 503r)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==