Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
59 T o p ó n i m o s das Cortiñas é un nome mal posto ao non existir ese nome como tal, senón como O Camiño da Cortiña do Pazo ou da Xelina . En Fragoso, unha cortiña é unha horta, unha terra labradía próxima á casa. No dicionario defínese como ‘terra labradía cerrada sobre si e de pequenas dimensións’ (Dicionario de dicionarios) . Eran terras nas cales se gastaba a maior parte do esterco que se tiña por botar nelas legumes e hortalizas. O uso local fala de cortiña cando se refire a unha terra de labradío dentro do lugar da casa ou próximo a el. Descoñecemos cal é o pazo ao que se refire este topónimo. «un ferrado (...) secano al sitio de Cortiña do Pazo » (1752, CME, Leigos, f. 471v) «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Cortiña do Pazo » (1752, CME, Leigos, f. 548r) «Blas Mallo trae la Cortiña do Pazo lleua seys ferrados» (AHMV, Relazion, 1643, f. 1v) «... al sitio de Cortiña do Pazo » (1752, CME, Leigos, f. 568r) Costa das Ánimas, Costa da Carballa, Costa da Berrega, Costa da Gabaneta, Costa da Fonte da Laxe, Costa da Presa A Costa da Carballa é unha pequena costiña que parte da estrada de Camposancos, ao pasar a gasolineira da Pedreira e dá acceso a unha casa situada no altiño da Carballa. A costa da Berrega , tamén na estrada de Camposancos, era o lugar onde aos bois lles custaba turrar do carro, por iso berregaban ao pasar o complexo industrial dos Pumariños (As Pereiras). A Costa da Gabaneta é a subida que dende Comesaña vai dar ata o barrio de Casás, e ten un ramal á dereita que vai dar tamén á Costa da Fonte da Laxe . A Costa da Presa está no barrio de Sanín ao pé das canteiras do lugar da Presa e do Centro Cultural Nautilius. Do latín costam o seu uso orográfico é metafórico. En latín era o costado (anatómico) dunha persoa ou dun animal. Segundo o Dicionario da Real Academia Galega costa é un ‘terreo en pendente, particularmente referido a un camiño ou outra vía’. Debido ao
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==