Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 58 Este substantivo tan presente na nosa toponimia é propio na fala actual da Galicia suroccidental. Úsase para referirse a un ‘anaco pequeno de terreo de labor cultivado’. A paisaxe agraria de Comesaña estaba composta polo elevado número de pequenas explotacións, propiedades moi divididas e concentradas nos arredores dos lugares habitados. A maioría das explotacións eran de carácter familiar e a súa división en quiñóns entre os descendentes dunha casa produciu a abundancia de pequenas terras de poucos ferrados. O Cocho do Río (Comesaña) conta cun segundo elemento modificador que nos informa da súa proximidade ao río, neste caso o de Gonzas. En orixe, moitos dos cochos de Comesaña eran utilizados como horta, o que nos leva a pensar que o significado orixinal de cocho debeu ser ‘pequena horta’, algo tamén aplicable aos topónimos co substantivo cocho do concello de Baiona. «un sexto de hortaliza (...) al sitio do Río » (1752, CME, Leigos, f. 425r) «un tercio de ferrado (...) secano al sitio de Viña do Cocho » (1752, CME, Leigos, f. 457r) «Pedro de Comesaña fundó una misa anual rezada (...) sobre el campo viña do cocho » (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 27) «Gonzalo Afonso da Pedra da Seyxa dos cochos que lleuan seys ferrados» (AHMV, Relazion, 1643, f. 2r) Conde, A de Terras á entrada do lugar dos Liñares no barrio dos Cocheiros. Procede do acusativo comitem (do latín comes - comitis ) ‘compañeiro’. É posible que aluda ao conde de Priegue, con propiedades en terras de Comesaña ou, con máis probabilidade, a algún individuo apelidado Conde polo emprego de A de Conde e non A do Conde. Cortiña do Pazo, A Campos de labor do barrio da Ponte localizados fronte ao concesionario de Renault no polígono do Caramuxo. O Camiño
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==