Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

57 T o p ó n i m o s «tres quartas de ferrado (...) secano al sitio de Chouciño » (1752, CME, Leigos, f. 426r) Cocheiros, Os ou Cucheiros, Os Os Cocheiros é o nome dun dos barrios de Comesaña situado na estrema con Matamá. Derivado de cocho , o nome deste barrio refírese ao conxunto de todas estas leiras, pequenas hortas propiedades da veciñanza do propio barrio, así como de Sanín e do lugar dos Liñares. «Don Marcos Parcero, vezino de Vigo paga dos reales por una leira de heredad en el campo dos cocheiros que compró a Gregoria de Comesaña vezina de Pontellas» (1697-1932, AHD, Libro de Fábrica 2, f. 11) «Matías Alonso (...) casa terreña al lugar dos Cucheiros » (1752, CME, Leigos, f. 595r) «Marcos González (...) casa terreña al lugar de Cucheiros » (1752, CME, Leigos, f. 598r) «Manuel Rodríguez (...) casa terreña al lugar dos Cucheiros » (1752, CME, Leigos, f. 614r) «Simón de Comesaña (...) casa terreña al lugar de Cucheiros » (1752, CME, Leigos, f. 760r) «otra leyra sita en el lugar dos Cocheyros » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5r) Cocho, O; Cocho do Río, O As terras onde O Cabezas fixo a casa en Casás chámanse O Cocho , igual ca unhas terras hoxe a pasto no barrio de Comesaña por detrás da casa da Piñeira. De entre os abundantes Cochos conservamos tamén o nome doutros dous desaparecidos no interior da Zona Franca. Ao lado da ponte do río de Gonzas había tamén outra destas leiriñas coñecida como O Cocho do Río .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==