Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 56 os terreos próximos. Modificado polo adxectivo longo (do latín l _ ngu , l _ nga ), que caracteriza a terra pola súa forma alongada, temos tamén na parroquia o topónimo, coa forma en masculino, O Chan Longo (do latín planum ). Charco do Grilo, O Ás beiras do mesmo muíño do Grilo tiña este home alcumado O Grilo unhas terriñas coñecidas pola xente como O Charco do Grilo . O substantivo charco é unha palabra común ao galego, castelán e portugués da que descoñecemos a orixe, e para algúns estudosos é quizais prerromana. O Charco do Grilo non era en si unha fochanca en que se retivese auga, senón que era unha terra sempre anegada de auga e na cal case non se daban os cultivos. Non é difícil imaxinar isto cando as terras próximas se enchoupaban da auga que saía do muíño alí situado. Chousiño, O; Chouso de Dentro, O O Chousiño é outra das moitas terras que desapareceron a comezos dos anos sesenta do século pasado coa construción da Zona Franca. O Chouso de Dentro móstrase como un nome fosilizado no barrio de Casás. Do latín clausu ‘pechado, cercado ou murado’, un chouso designaba terreos cercados que na súa maioría estaban dedicados ao cultivo da vide, e en ocasións nos arredores da casa. O topónimo O Chouso de Dentro recollido en Casás parece que quedou orfo co paso dos anos, xa que o normal sería que tamén existise un Chouso de Fóra, que daquela lle daría significado a este outro como terra cercada situada cara ao interior. «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Chouciño » (1752, CME, Leigos, f. 643r)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==