Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 54 Dulce Nombre de Jesús en el altar de Santo Christo» (1799-1872, AHD, Libro de Colecturía, f. 48) «terreno a labradío Castros de 100 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Juan Comesaña Comesaña, f. 15) Cavada, A; Cavada Nova, A Unha cavada é un anaco de monte ou herdade preparada para o cultivo ( Historia de Galiza de O. Pedrayo, tomo ii , 176). Deriva do verbo cavar , en latín cavare , derivado á súa vez do latín cavus ‘oco’. A Cavada Nova refírese a un terreo novo que se sacou de monte para ser cultivado. «dos ferrados de monte (...) al sitio de Cauada Noua » (1752, CME, Leigos, f. 504v) «una quarta de ferrado (...) secano al sitio da Cauadiña » (1752, CME, Leigos, f. 620r) «un tercio de monte (...) al sitio de Cauadiña » (1752, CME, Leigos, f. 443r-443v) Ceñas do Norte, As; Ceñas, As; Ceñas, Tras das Debeu de ser a existencia nesta beira do Lagares de aceas o que lle deu nome ás terras aquí situadas. Unha ceña é unha deformación do substantivo acea , especie de muíño de auga capacitado para mover moita máis auga ca un muíño de río e, polo tanto, de edificio máis grande ca os habituais. As aceas non funcionaban cun rodicio horizontal coma os muíños de río, senón que se accionaban mediante unha gran roda vertical chamada bruia . É un dos poucos arabismos vellos do galego, derivado de as - sâniya ‘o muíño fariñeiro’. Para diferenciar unhas terras doutras, aparecen tamén os nomes de As Ceñas do Norte , onde norte nos informa da orientación cardinal ou Tras das Ceñas , este outro tamén referente á localización espacial dunhas terras situadas ‘detrás’ das aceas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==