Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

53 T o p ó n i m o s «Antonio y Francisco hijos de Juan de Comesaña de Casás, pagan un real por el tallo do castañal sito en Casás» (1704, AHD, Libro de Fábrica 2, 1697-1932, f. 11) «un ferrado y medio (...) secano al sitio de Castañal » (1752, CME, Leigos, f. 463r) «terreno a labradío Castañal de 170 varas» (1916, AHMV, Libro de Amillaramento, Rosa García Alonso, f. 27v) Castro, O; Castros, Os; Monte do Castro, O O Castro de Comesaña localízase no alto que domina o barrio da Pedra Branca a 95 metros de altitude sobre o nivel do mar. O Monte do Castro alberga un dos vestixios máis antigos de construcións humanas da parroquia. Vigo é terra de castros, como así nos di a súa toponimia. Non hai parroquia do concello que non conte candomenos con un ou dous destes xacementos arqueolóxicos. Do latín castrum ‘campamento fortificado’, son varios os restos arqueolóxicos deste poboado castrexo que se conservan no Museo Municipal Quiñones de León. Datouse da Idade de Ferro e consta de dous recintos cunha extensión total de 190 x 160 metros. En 1888 o monte do Castro descríbese como «bastante accidentado en su mayor parte cubierto de cascajo o escombros de piedra procedentes de algunas canteras que de dicho material han estado en esplotacion». 6 Outro nome recollido no barrio de Rial é o das leiras dos Castros , terras desaparecidas coa construción da circunvalación de Vigo. Descoñecemos se realmente houbo neste altiño un castro como o de Casás ou se a denominación provén dunhas terras propiedade dunha familia apelidada Castro. «tres quartas de ferrado de monte (...) al sitio de Castro» (1752, CME, Leigos, f. 500v) «El campo de Castros y otros terrenos especificados en una escritura (...) pagan anualmente ocho reales por una misa cantada el día del 6 Medición y deslinde de los montes de aprovechamiento común de varias parroquias pertenecientes al término municipal de Bouzas . AHMV, BOU/24.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==