Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

51 T o p ó n i m o s Rodeando un oco circular pechado por un vidro vermello (o ollo de boi ao que se refire o nome) representáronse unhas palmas aos lados dunha inscrición na cal se pode ler: «Recuerdo de dos Alonso López y Benito López». Nas esquinas desta composición aparecen estrelas e rosetas que, xunto coas palmas, son elementos relacionados con espazos de carácter funerario ou de recordo. Baixo a composición superior rematada co ano de 1891, unhas mans entrelazadas coroan o nome de Benito López e representan un símbolo masónico de fraternidade que tamén serviría acaso para o recoñecemento como masóns dos dous personaxes mencionados na inscrición. Casa do Forno, A; Forno do Tombo, O A Casa do Forno estaba situada mesmo diante da igrexa parroquial, onde hoxe está o bar Caravillas. O Forno do Tombo era unha panadaría xa propiamente dita, que pechou non hai moitos anos ao pé da estrada de Camposancos. Téñense catalogados en toda a parroquia uns cinco fornos: dous nas Pereiras, dous en Rial e un na Rodeira. Neles realizábase a última fase do longo proceso de facer pan, o cocido, polo que aparecen situados ben no interior da antiga cociña, ben nun alboio ou casa vella preto da vivenda. Os fornos con presenza na toponimia de Comesaña son xa de carácter comercial, ao ser os precedentes das actuais panadarías, pero aínda usando como combustible a leña. Casanova, A Terras situadas no barrio de Comesaña en fronte da casa do Emilio da Porta e do Caravelo. Hai en toda Galicia máis de cento cincuenta entidades chamadas Casanova ou A Casanova . Orixinouse este nome por mor dunha primeira casa construída na zona, que era nova no momento en que quedou o lugar denominado. Co paso do tempo, a casa de nova feitura

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==