Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 50 Carballiños, Os Tomadas que hoxe en día acollen un pequeno grupo de seis casas, por riba do lugar da Presa en Sanín. A máis vella das casas é a casa do Cabezas. Nome derivado de carballo , pero de carácter diminutivo co sufixo -iño . «medio ferrado (...) secano al sitio do Cocho dos Carballiños » (1752, CME, Leigos, f. 464v) «cocho que llaman Carballiño que limita con camino que ba para Matamá y con el lugar dos Cocheiros» (AHMV, Memorial do Morgado de Pazos, 1643, f. 6r) Carballo da Laxe, O Singular carballo pola súa corpulencia e gran tamaño. O galego carballo, palabra prerromana característica da antiga Gallaecia, designadiferentes especiesdoxénero Quercus , especialmente o Quercus robur , carballo común, pero tamén outros como o rebolo ou o Quercus pyrenaica . A súa pegada na toponimia dá boa mostra da importancia desta árbore, sen dúbida unha das máis abundantes nos nosos montes e devesas. O Carballo da Laxe (Casás) é unha desas árbores centenarias lembrada por diferentes xeracións. Casa das Mans Unidas, A ou Casa do Ollo de Boi, A A única casa que recibe unha denominación non referente á familia que a habita, senón a un elemento decorativo que ten na súa fachada, é A Casa das Mans Unidas ou do Ollo de Boi . Localizada no inicio do camiño que vai da estrada de Matamá a Pazo á de Camposancos pola Viña da Veiga, A Casa das Mans Unidas ten na súa fachada suroeste unha elemento que serviu para a diferenciar.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==