Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

49 T o p ó n i m o s antigamente o xefe militar dunha xurisdición e o encargado de facer as levas de soldados; e en ocasións era o rexedor, pero non sempre coincidían as dúas funcións. Procede do latín capitanus ‘xefe’. Carballa, A Terras situadas no teso que hai en fronte de Pinturas Monto, pouco despois da gasolineira da Pedreira. Unha carballa é un carballo vello, de tronco ancho e ampla copa. O lugar da Carballa, aos pés do barrio da Pedreira, aínda é hoxe en día un lugar con abundancia de carballos, pero xa sen esa grande árbore que lle deu nome. Carballeiras, As As Carballeiras era o nome das terras que quedaban extra muros do coñecido Pazo da Inquisición, no barrio do Pazo e que estaban poboadas de carballos. Segundo Eladio Rodríguez González unha carballeira é un ‘terreo chan e extenso poboado de carballos’ (Dicionario de dicionarios) . O froito desta árbore é a landra, apreciada polos porcos e a súa madeira dura e fibrosa empregábase para fabricar apeiros de labranza, principalmente mangos, a canga e o cancil, e partes do carro como os fuñeiros dos que xa fala a canción: Para cuñas, pau de toxo para fuñeiros, carballo para contentar as nenas, a cabezalla do carro.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==