Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 48 que pertenceu á familia dos da Presa. Entre os mandatos do bispo Juan García de Valdemora recollidos no libro de fábrica da parroquia e con data do ano 1619 lese: «mando que todas las personas que llebaron y quitaron las piedras de la çerradura del adrio y de lo que quedaron de la hermita de Nuestra Señora que se desfizo, las buelban onde estaban dentro de quinze días pena de excomunion maior» (1619, Libro de Fábrica 1609-1694, f. 24, AHDT, 60. Comesaña, núm. 226, estante 9E e 10A). Descoñecemos se esa capela da Nosa Señora era a que se situaba no barrio dos Eidos ou unha das inxeridas dentro da igrexa parroquial e que fose daquela derruída. Capitán, O Campos localizados entre Comesaña e As Nogueiras, detrás de Alamburu. Cando o recordo dunha persoa queda nun topónimo, a partir do seu antropónimo ou nome, chámaselle antrotopónimo . Ao longo dos séculos, as persoas que habitaron a parroquia deixaron en camiños, terras, fontes, muíños ou cursos de auga, entre outros, parte de si. Mantivéronse en moitos dos topónimos recollidos antigos alcumes, apelidos ou nomes de propietario ou propietaria que, en ocasións, chegaron aos nosos días deturpados pola fala viva, evolucionados a unha forma tan difícil de descifrar que é imposible explicar cal foi a súa orixe ou significado inicial. Das terras que no barrio do Pazo se coñecen como A Patuxa non sabemos nada, unha escuridade non extrapolable a outros topónimos máis transparentes como pode ser O Campo do Bordallo , O Campo dos Sarillos ou o Campo da Tourona , todos eles coa referencia ao apoio do seu propietario ou propietaria. O esquema máis habitual deste tipo de nomes é substantivo + de + nome persoal . O substantivo común do primeiro elemento non se refire necesariamente a unha realidade existente na actualidade, isto é, os topónimos do tipo A Casa de X , O Lugar de X , A Cabana de X non sempre designan hoxe, respectivamente, unha vivenda, o eido inmediato cercado por muros e o hórreo. O topónimo que nos ocupa deriva de A do Capitán ‘terra propiedade dun home de oficio capitán ou alcumado O Capitán’. O capitán era

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==