Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

47 T o p ó n i m o s Canteira, A; Canteira do Chiripa, A; Canteira do Jacinto, A; Canteira do Pirillas, A; Canteira da Presa, A; Canteira da Regueira, A; Canteira do Valente, A; Campo da Canteira, O Contabilízanse ata media ducia de canteiras na parroquia explotadas dende o século xix ata mediados do xx . A importancia que tiñan os canteiros tanto de Comesaña coma de Matamá queda recoñecida moitas veces nos abundantes preitos que tiñan entre ambos por ver, por exemplo, quen lousaba unha rúa en Bouzas. Son moitas persoas as que recordan estas pedreiras en pleno apoxeo, saíndo carros cargados de bois continuamente cara á gran cidade que medraba a conta de desfacer penedos nas parroquias limítrofes. Foi este o destino do grande outeiro pétreo que debía haber no lugar da Presa, en Sanín, de onde se arriou moita pedra para o porto de Bouzas. Os nomes recollidos refírense maiormente ao nome do Buxa (na súa fala gremial), xefe ou encargado da explotación. Temos así A Canteira do Chiripa (Casás) ou A Canteira do Valente (Sanín). Noutros casos o nome da canteira nada nos di do seu propietario e refírese só ao lugar da súa localización: A Canteira da Presa ou A Canteira da Regueira . Capela, A Moi preto da Abadía, e quizais en tempos en relación con ela, existiu unha capela da que nada máis nos queda ca o nome. Con capela referímonos a un ‘edificio pequeno destinado ao culto’ ou a un ‘espazo da igrexa con altar e advocación particulares’. Tanto a forma galega coma a castelá capilla son en orixe formas de diminutivo do substantivo capa ‘peza de roupa ou abrigo’, que adquiriu o significado de ‘oratorio’ a partir da Santa Capela promovida polos reis de Francia para gardar as reliquias da capa de San Martiño de Tours. Sabemos pola información achegada por unha veciña dos Eidos que se conservaron, ata non hai moitos anos, restos das súas paredes, destruídas coa ampliación da estrada de Matamá. Tamén nos dixo a mesma veciña

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==