Toponimia do Val do Fragoso - Comesaña

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c o m e s a ñ a 46 Cancelo, O O Cancelo é o nome dos campos existentes no inicio do camiño das Antas nos Cocheiros. Era o lugar onde tamén había unha mina de auga hoxe desaparecida á beira da casa do Pintos. Procedente do latín cancellu , O Cancelo tende a aparecer na toponimia para bautizar terreos pechados ou lugares nos cales había unha cancela que evitaba o paso de gando e de persoas a certas terras. A ninguén da veciñanza lle acorda existir neste lugar unha cancela que evitase o paso cara ao camiño que partía dende aquí ás Antas. Aparece este nome na cantiga popular: O paxaro de María foi ás uvas ao Cancelo todo paxaro ten plumas o de María ten pelos. «dos ferrados (...) secano al sitio de Canzelo » (1752, CME, Leigos, f. 456v) «un ferrado y quarta (...) secano al sitio de Canzelo » (1752, CME, Leigos, f. 773v) Canosas, As O Nomenclátor de Galicia recolle A Canosa como nome de lugar nos concellos de Carballo, Cee e Moeche. Derivado de cana, As Canosas de Comesaña pola súa proximidade ao río das Breñas puido ser un terreo con Arundo donax . O Catastro de Ensenada recolle no barrio da Ponte, no século xviii , un labradío propiedade de Joseph Antonio Alonso «al sitio de Canas» (1752, CME, Real de legos , f. 440r). Outra viña co mesmo nome dependía do morgado fundado no século xvii por dona Teresa de Pazos. «la dehesa de las Canosas » (AHMV, Memorial, 1772, f. 5v)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==